Aquí tedes un vídeo de Youtube onde podedes escoitar a canción popular galega "Alá vén o gaiteiro":
Non chas quero, non chas quero
Castañas do teu Magosto
Non chas quero, non chas quero
Que me cheiran ao chamusco (bis)
Ai lalelo, ai lalalo
Alá vén o gaiteiro
Por detrás do pinar
Alá vén o gaiteiro
Ai! Deixalo pasar (3 veces)
Alá vén o gaiteiro
Por detrás do pinar.
Vente vindo, vente vindo
Eu tamén me vou andando
Fixen a cama na folla
O vento vaima levando (bis)
Ai lalelo, ai lalalo
Alá vén o gaiteiro
Por detrás do pinar
Alá vén o gaiteiro
Ai! Deixalo pasar (3 veces)
Alá vén o gaiteiro
Por detrás do pinar.
Indo polo souto abaixo
Escorrín un ouriciño
Ai que tres castañas levo
Do souto do meu veciño (bis)
Ai lalelo, ai lalalo
Alá vén o gaiteiro
Por detrás do pinar
Alá vén o gaiteiro
Ai! Deixalo pasar (3 veces)
Alá vén o gaiteiro
Por detrás do pinar.
A castaña no ourizo
Quixo rir e regañou
Caeu do castaño abaixo
Mira que chasco levou (bis)
Ai lalelo, ai lalalo
Alá vén o gaiteiro
Por detrás do pinar
Alá vén o gaiteiro
Ai! Deixalo pasar (3 veces)
Alá vén o gaiteiro
Por detrás do pinar.
Ábreme a porta Marica
Que che quero dar castañas
Eu a porta non cha abro
Que ben sei das túas mañas (bis)
Ai lalelo, ai lalalo
Alá vén o gaiteiro
Por detrás do pinar
Alá vén o gaiteiro
Ai! Deixalo pasar (3 veces)
Alá vén o gaiteiro
Por detrás do pinar.
Castañiñas, castañiñas
Castañiñas de Rei bo
Por culpa das castañiñas
Eu estou feito un lambón (bis)
Ai lalelo, ai lalalo
Alá vén o gaiteiro
Por detrás do pinar
Alá vén o gaiteiro
Ai! Deixalo pasar (3 veces)
Alá vén o gaiteiroPor detrás do pinar.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada