O vindeiro venres, día 3 de xuño, vémonos na entrega de premios do certame literario Contos no Mediterráneo 2011. O acto terá lugar ás 19.30 no Centro Galego de Barcelona (Rambla Caputxins 35-37) e contará coas seguintes participacións:

- Actuación musical con voz de Sonia Serrabao, grazas á colaboración CatalunyApresenta e de Espai Gallec dels Països Catalans.- Contacontos, grazas á colaboración da agrupación teatral Furafollas.
- Recital, grazas á colaboración CatalunyApresenta e de Espai Gallec dels Països Catalans.
- Lectura dramatizada dun texto dialogado, a cargo de alumnado do profesor Jofre Pons i Casanovas.
- Presentación do libro que recolle os textos que se presentaron na modalidade infantil en edicións anteriores do certame Contos no Mediterráneo, Proxecto Galauda.
- Entrega de premios.

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada